LA ASOCIACIÓN
Visión
Misión
Estatutos
Asociarse
EN FOTOS
Fotos dos campos
SOCIOS
Campos de Golf
Hoteis
Casas de Turismo Rural
Bodegas
Restaurantes
Axencias Viaxes
Servizos
NOVAS
LIGAZÓNS
AVISO LEGAL
CONTACTO



  Suscribirse
SOCIOS Hoteis



Lugo - Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort
Situado no corazón da Ribeira Sacra, no Sur da provincia de Lugo atópase o OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort, formado por un Hotel****, un Balneario de Augas Mineiro-Medicinais e un campo de golf de 18 buratos.

O hotel é unha obra arquitectónica de recente construción que combina a modernidade do seu deseño e materiais, co respecto e a harmonía co entorno.

Dispón de 97 cuartos dobres, 4 familiares, 1 dobre
superior, 2 suites, 5 cuartos adaptados, ademais de 4 amplos salóns onde poder realizar actividades de encontro, reunión, informativos e pedagóxicos.

No apartado gastronómico ofrece aos seus clientes un servizo de
cafetaría e restaurante con capacidade para máis de 300 persoas. O Balneario de augas Mineiro-Medicinais, aproveitadas dende o século XIX ofrece entre outros un completo circuíto acuático, tratamentos estéticos faciais e corporais así como unha ampla oferta de masaxes, tratamentos de auga e terapéuticos.

O Campo de Golf de 18 encáixase nun val de ribeira, caracterizado polas suaves pendentes e polo frescor que nos brinda a vexetación ripícola, entre a que nos encontramos, ameneiros, abeleiras, salgueiros, carballos e freixos.

Zona Os Baños s/n
27438 Pantón (Lugo)
T. 982 29 28 00 F. 982 45 63 03

reservas@augassantas.es

http://www.augassantas.es...

DESCARGAR


volver

 


   
  DESTACADOS
Turgalicia Pagina de Galicia Destino Golf en Facebook Federación gallega de golf Fondos FEDER IAGTO Clúster Turismo Galicia